Wednesday 24 de April de 2024

Final A4 da Liga Autonómica de Hóckey


 

Os rapaces do A.C. Órdenes xogarán este sábado contra o A.A. Dominicos. O domingo pola tarde terán lugar a final de consolación e a gran final

Esta vindeira fin de semana terá lugar en Santiago, no pavillón de Vite, a final A4 da categoría júnior da liga autonómica de hóckey. Os rapaces do A.C. Órdenes xogarán o sábado ás 10.30 horas contra o A.A. Dominicos. Xa de cara ao domingo disputaranse a final de consolación e a final ás 19 e 20.30 horas respectivamente. A táboa de equipos clasificados para esta cita complétase co Club Compañía de María e o H.C. Liceo